Concello de Sanxenxo - OS COLEXIOS ELECTORAIS DE SANXENXO ADÁPTANSE ÁS NORMAS ANTICOVID PARA GARANTIR A SEGURIDADE SANITARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo activou un protocolo de seguridade sanitaria nos colexios electorais con motivo dos comicios autonómicos deste domingo. Non haberá cambios nos edificios electorais, pero adaptaranse ás normas de distanciamento e aforamento. Os itinerarios estarán marcados no chan.

No CEIP Cruceiro estarán dispoñibles dúas aulas na entrada principal comunicadas entre elas para a entrada e saída de votantes, o pavillón (entrada pola Salgueira) con accesos de entrada e saída diferenciados, e dúas aulas no acceso polo portal pequeno. O CEIP Telleiro contará con todas as mesas electorais situadas no pavillón con entrada e saída diferenciadas. O CEIP Portonovo disporá de dous espazos, o comedor pola entrada habitual cunha porta de entrada e outra de saída diferenciadas e o pavillón.

No Colexio Abrente todas as mesas estarán situadas no pavillón, entrada e saída diferenciadas; no CEIP Magaláns as mesas tamén estarán situadas no pavillón do mesmo xeito que no CEIP A Florida. No CEIP Nantes haberá unha mesa na entrada do colexio e na antiga escola de Bordóns limitarase o aforamento para evitar que se acumulen persoas no interior polo seu reducido tamaño.

0
0
0
s2sdefault