Concello de Sanxenxo - O V CERTAME DE PINTURA RÁPIDA AO AIRE LIBRE DE ARRA VERSARÁ SOBRE A PARROQUIA ANTIGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Centro de Arte do Concello de Sanxenxo, organizan un ano máis o Certame de Pintura ao aire libre que se celebrará o 2 de agosto. As bases establecen dúas categorías, a infantil, para nenos até 16 anos, e outra de adultos a partir desta idade. Aínda que estilo e técnica son libres, a organización marca a temática, que este ano versará sobre a antiga parroquia co obxectivo de pór en valor a súa riqueza paisaxística e cultural. Por iso as obras deben ser realizadas in situ, dentro dos límites de Arra. Os organizadores facilitarán aos participantes un plano da mesma, para que comuniquen o lugar onde se atopan e así comprobar a evolución da obra.

A categoría de adultos terá un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 300, mentres a infantil obterá un primeiro premio de 100 euros en material artístico escolar e un segundo de 50. Poderán participar todos os artistas de forma gratuíta e as vinte e cinco primeiras inscricións recibirán un bono gratuíto para o Racing Dakart Sanxenxo. É necesaria unha prescrición previa electrónica a través de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Tamén se pode facer o mesmo día do certame de 9 a 11 na zona de acceso da praia de Montalvo.

As obras entregaranse asinadas, acreditando a súa autoría, antes das 19 horas na casa do Priorado de Arra. O persoal da organización estará dispoñible para resolver os problemas que poidan xurdir durante o certame. As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural San Caetano e as obras non premiadas poderán retirarse ao finalizar a entrega de premios.

0
0
0
s2sdefault