Concello de Sanxenxo - ROI CASAL ACTUARÁ ESTE VENRES NA PRAZA DOS BARCOS NUN CONCERTO GRATUÍTO E CON MEDIDAS ANTI-COVID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O músico galego Roi Casal ofrecerá este venres un concerto gratuíto na Praza dous Barcos a partir das 22 horas. A actuación, enmarcada dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra e coa organización do Concello, permitirá achegar a Sanxenxo "As músicas do camiño".

A Concellería de Cultura activará un protocolo de medidas anti-covid para que as persoas que acudan á cita poidan facelo con total seguridade cun patrón que se repite en cada concerto e actuacións que se celebren no municipio este verán. O aforamento que se estima en 400 persoas, 200 sentadas en cadeiras e outras 200 situadas nas bancadas, estará regulado por acomodadores e gardando a distancia de seguridade. As entradas e saídas estarán diferenciadas para evitar que as persoas se teñan que cruzar e o uso de máscara será obrigatorio. Nos accesos disporase de xel desinfectante.

O vindeiro venres, pero en Portonovo, na casa de Don Fernando, a agrupación musical "Onte e hoxe" ofrecerá un concerto coa música de sempre, a partir das 22 horas.

A programación estival do mes de xullo continúa tamén co "Cine na Rúa" nas parroquias e outras actuacións. O 30 de xullo, Tanxarina leva o seu espectáculo "Titiricircus" á Praza dous Barcos a partir das 22 horas e o 31 de xullo "Xan Perillán e a maleta máxica" de Vos Monicreques de Kukas estarán en Portonovo a partir das 22 horas. O mes de xullo conclúe coa proxección audiovisual "The return" e "O legado das rías galegas" de Jorge Candán, campión do mundo de vídeos submarinos na Praza dous Barcos a partir das 22:30 horas.

0
0
0
s2sdefault