Concello de Sanxenxo - O CONCELLO COMEZA A PAVIMENTACIÓN DO VIARIO FREIXEIRO-MAGALÁNS EN DORRÓN QUE TERÁ UN CUSTO DE 44.399 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras de pavimentación do viario Freixeiro-Magaláns arrincaron esta mañá cun investimento de 44.399 euros. Os traballos que serán realizados pola empresa Nemesio Ordóñez S.A. enmárcanse dentro do obxectivo do goberno local para mellorar a rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas, e asfaltando as que se atopan en terra. A obra acóllese ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e será o Concello o que asuma o IVE.
 
O proxecto contempla a mellora da pavimentación do camiño de titularidade municipal que está nun avanzado estado de deterioración, polo que realizará unha renovación completa da capa de rodaxe.
 
Previa á pavimentación, executaranse unhas tiras de ensanche con base de zahorra artificial, para aproveitar a plataforma existente completa, dado que o camiño é moi estreito en todo o seu trazado. Tamén se colocarán uns salvacunetas con tubaxe de PVC. Para a pavimentación definitiva estenderase e compactará unha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente. Existen zonas máis deterioradas, que será necesario regularizalas antes de proceder ao pavimentado, tamén con mestura bituminosa en quente.
 
Con estes traballos preténdese mellorar o servizo que ofrece o camiño, pois é un viario moi utilizado polos veciños da zona. Para a execución das obras estímase un prazo dun mes, que inclúa a preparación e execución das obras.
0
0
0
s2sdefault