Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA A RETIRADA DOS SECTORES DE CUADRÍCULAS DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Operarios da empresa instaladora iniciaron onte a retirada das cuadrículas da praia de Silgar. Os traballos deron comezo por un dos extremos do areal coincidindo co sector vermello, pero está previsto que nos próximos días se retire o morado, o verde e o azul. O goberno local acordou manter o sector laranxa como un símbolo ou referente de seguridade no municipio.

As estacas retiradas, así como as cordas gardaranse nun dos almacéns municipais por se o seu uso fose necesario o próximo verán. Algunhas delas serán empregadas como elemento de sinalización para protexer as dunas que existen en diversos areais do municipio, pero tamén para delimitar sendas peonís en contornas naturais.

0
0
0
s2sdefault