Concello de Sanxenxo - MÁIS DE 800 PERSOAS PASARON ESTE XOVES POLA CARAVANA MORADA INSTALADA NO MERCADILLO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Máis de 800 persoas pasáronse este xoves pola Caravana Morada instalada á entrada do mercadillo de Portonovo. Unha iniciativa do GDR Salnés Ullla-Umia enmarcada dentro das actuacións de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero en colaboración cos 16 concellos da comarca na que se investirán 250.000 euros grazas a un convenio entre a Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia da Xunta.


O alcalde, Telmo Martín, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arosa, e o edil de Economía, Marcos Guisasola, visitaron a Caravana Morada xunto á xerente do GDR, Arancha Pérez, e traballadoras do CIM de Sanxenxo. "Esta caravana informativa pode axudar a moitas mulleres que estean a sufrir violencia de xénero a dar o paso e a poñerse en mans de profesionais que as poidan axudar. Ademais, coincidindo co mercadillo pode ter unha maior repercusión", asegurou o alcalde.


As dúas profesionais que atendían a Caravana morada recibiron numerosas consultas de mulleres e repartiron material informativo e de visibilización como pulseiras baixo a lema "Stop violencia de xénero" entre as máis de 800 mulleres que se pasaron polo punto.
A Caravana Morada ten unha dobre función. Por unha banda, busca concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento das violencias de xénero e, doutra banda, ofrecer un servizo de atención técnica, psicolóxica de coordinación e de información ás mulleres que así o demanden.

0
0
0
s2sdefault