Concello de Sanxenxo - O CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIARIA DO COLEXIO A FLORIDA CÓASE ENTRE OS FINALISTAS DOS PREMIOS "PONLE FRENO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O proxecto do Poli Paco é único en España por integrar pictogramas para facelo máis atractivos para nenos con TDH

O circuíto de seguridade viaria do Poli Paco no colexio da Florida logrou coarse entre os proxectos finalistas dos premios celebrados a nivel nacional "Ponle Freno". A iniciativa impulsada polos axentes do departamento de educación viaria da Policía Local de Sanxenxo, Abelardo Martínez e Manuel Martínez, no patio de entrada do centro educativo presentouse aos premios, apenas uns meses despois da súa posta en marcha e de lograr unha gran aceptación na comunidade educativa. "É un orgullo que Sanxenxo estea na elite de educación viaria a nivel nacional. Quedar como finalistas na categoría junior de "Ponle Freno" é xa de seu un premio", asegura Abelardo Martínez.

O circuíto que busca ensinar de forma lúdica as normas de seguridade viaria inclúe pictogramas para facelo máis atractivo para nenos con TDH e comprensible para os máis pequenos que aínda non saben ler. "Desde un primeiro momento tanto o director Pedro Padín como a profesora Olga Santos mostráronse interesados pola idea e involucráronse para que puidese ser unha realidade", explica Martínez.

Ademais de semáforos, glorietas e pasos de peóns, o circuíto conta tamén con illotes que levan o nome das sete parroquias de Sanxenxo, orientadas segundo os puntos cardinales, para que os pequenos aprendan xeografía local. "O obxectivo é seguir enriquecendo o proxecto con xogos populares en cada un dos illotes e parroquias", explica Abelardo Martínez.

O Concello de Sanxenxo leva anos apostando por achegar a seguridade viaria aos centros educativos a través da figura do Poli Paco e destinando dous axentes a esta formación dos mozos con proxectos dinámicos e lúdicos.

0
0
0
s2sdefault