Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DESTINARÁ UNHA PARCELA DE 800 METROS CADRADOS A APARCADOIRO PÚBLICO GRATUÍTO EN ADINA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno busca dar servizo aos veciños da zona e solucionar os problemas de embotellamento no acceso ao colexio Abrente

Portonovo contará cun novo aparcadoiro público disuasorio e gratuíto para máis de 40 vehículos. O goberno local acondicionará unha parcela de 805 metros cadrados no PERI 5 despois de chegar a un acordo cos propietarios do espazo e aprobar en xunta de goberno o proxecto de equidistribución.

A urbanización dese espazo reserva unha leira para equipamento público que se habilitará como estacionamento temporal xa que logo o propio desenvolvemento do chan habilitará zona de aparcadoiro en superficie. A parcela que está a menos de 100 metros do centro educativo Abrente busca, ademais de dar un servizo aos veciños da zona, acabar co problema de embotellamento e seguridade viaria que o goberno local leva detectando nos accesos ao colexio durante o curso escolar.

O goberno local tamén está pendente do proxecto de seguridade viaria na estrada de titularidade provincial en Adina que está a redactar a Deputación de Pontevedra e que se acometerá en colaboración co Concello a través dun convenio.

Este novo servizo de estacionamento sumarase á actuación realizada o pasado verán no parking da Perla na que se investiron case 30.000 euros. A parcela que xa se utilizaba como estacionamento atopábase en moi mal estado. Os traballos consistiron na dotación dunha nova capa de rodaxe e de sinalización horizontal para dar cabida a uns douscentos vehículos. Desta forma, ordenouse o aparcadoiro e a circulación no mesmo.

0
0
0
s2sdefault