Concello de Sanxenxo - O CONCELLO E ENTRETENDAS POÑEN EN MARCHA A CAMPAÑA "MERCA NO COMERCIO LOCAL TAMÉN NO NADAL"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sortearanse 6.000 euros con vales de 100 euros entre os clientes que fagan as súas compras nos establecementos socios do colectivo.
 
Apoiar ao comercio local e reforzar o consumo no municipio ten premio en Sanxenxo este Nadal. O concelleiro de Promoción Económica, Marcos Guisasola, xunto ao presidente de Entretendas, Julio Presas, deron a coñecer a campaña "Merca no comercio local tamén no Nadal". Unha iniciativa coa que se sortearán 6.000 euros con vales de 100 euros entre os clientes que fagan as súas compras nos establecementos do colectivo durante estas festas do Nadal.
 
Os gañadores destes vales daranse a coñecer nun sorteo que se realizará no Concello tras finalizar as festas do Nadal. O concelleiro de Promoción Económica explica que se trata de 2incentivar a economía local, pero tamén premiar aos veciños que apostan e confían no tecido comercial do municipio nunha campaña tan importante como a de Nadal".
 
O presidente de Entretendas, Julio Presas, agradeceu a colaboración do Concello para "fidelizar aos nosos clientes a través dun incentivo como son vales de 100 euros que poderán gastar á volta do Nadal e facer máis levadeira a costa de xaneiro".
 
Está previsto repartir 16.000 rifas entre os socios de Entretendas que entregarán aos clientes a partir de compras superiores aos 5 euros. "En Entretendas hai negocios de todo tipo desde comercio de roupa ou calzado pasando por xoiarías ou establecementos de alimentación", explicou Presas.
 
Con esta campaña espérase impulsar o comercio que recoñeceu Presas está "tocado coa pandemia, pero non afundido porque estamos convencidos de que sairemos desta situación e volveremos xerar emprego. Somos autónomos e somos fortes"..
 
 
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault