Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INSTALARÁ UN SISTEMA DE REGO NA PARTE BAIXA DO PARQUE DE PUNTA VICAÑO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O Concello de Sanxenxo instalará un sistema de rego na parte baixa do parque de Punta Vicaño, unha zona especialmente golpeada polo sol no verán o que provoca que o céspede nesa zona séquese nas estacións máis cálidas. O departamento de Medio Ambiente conta cun proxecto valorado en 9.572 euros que será financiado cunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra.
 
A actuación que conta cun prazo de execución dun mes consistirá na apertura e tapado de gabias, instalación de tubaxes, así como a subministración e instalación de difusores, electroválvulas, programador de rega e todos os accesorios necesarios para o correcto funcionamento da instalación.
 
Os traballos licitaranse a principios do próximo ano e axudarán a mellorar unha zona verde de gran riqueza paisaxística que é necesario manter e conservar para o uso e goce da cidadanía. Actualmente, conta cunha gran variedade de especies arbóreas e arbustivas que conforman un acolledor xardín botánico, así como unha gran pradería de céspede.
 
A última actuación de mellora no parque concluíuse a principios deste ano coa restauración dun carreiro e a incorporación dun estaque con especies vexetais acuáticas, que serviu ademais de para embelecer a contorna para atraer a máis aves e anfibios. O investimento nesa ocasión ascendeu de case 100.000 euros.
 
 
 
0
0
0
s2sdefault