Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORARÁ OS ACCESOS Á PRAIA DE FOXOS E PRAGUEIRA CON NOVAS PASARELAS E VALADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos que se acometerán con fondos propios municipais  roldan os 10.000 euros
 
O Concello renovará nas próximas semanas o valado e a pasarela da praia de Foxos. Os traballos permitirán mellorar o acceso ao areal e protexer as dunas da contorna. En total serán 265 metros de valado o que se substituirá e que redundará na preservación da paisaxe natural da praia. En Pragueira, a actuación centrarase na pasarela de madeira de acceso á praia. Instalarase unha nova que terá unha lonxitude de 35 metros e que permitirá chegar á praia de forma cómoda e segura.
 
En ambas as pasarelas, o cambio levará tamén a elevación das mesmas para permitir que as dunas sigan co seu crecemento natural e non vexan entorpecido o seu desenvolvemento. 
 
A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, prevé cambiar a pasarela dun dos accesos moi transitados de Montalvo, á altura dos cámpings, e que se atopa na actualidade en moi mal estado.
 
Con estas actuacións, o Concello continúa coa súa aposta pola mellora dos accesos aos seus areais e a protección do seu sistema dunar. En Sanxenxo pódense apreciar dunas móbiles embrionarias, dunas brancas (hábitats de interese comunitario) e dunas grises (hábitat prioritario), que sofren unha elevada presión polo alto volume de persoas que frecuentan as praias, sobre todo en época estival, pero tamén durante o resto do ano ao ser espazos adecuados para o paseo, así como o desenvolvemento de deportes acuáticos como o surf como é o caso de Foxos.
 
 
0
0
0
s2sdefault