Concello de Sanxenxo - SANXENXO PRORROGA O CONVENIO CON SEGITTUR SOBRE A MONITORIZACIÓN DE INDICADORES DE TURISMO SUSTENTABLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello contará con todos os datos sobre consumos de auga, electricidade, residuos e mobilidade de viaxeiros antes do 30 de xuño
 
O Concello de Sanxenxo contará antes do 30 de xuño cos resultados do sistema de monitorización de indicadores de turismo sustentable froito do convenio con Segittur, sociedade estatal dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo para a xestión das tecnoloxías turísticas. Os datos que resulten deste estudo converteranse nunha ferramenta crave no proceso de toma de decisións para o deseño de medidas que mellorarán a eficiencia enerxética, redución do consumo da auga, así como as emisións de CO2.
 
A situación sanitaria ha obrigado a prorrogar o convenio seis meses para concluír coa segunda fase do estudo referente ao consumo de electricidade, residuos e estacionalidade no consumo de servizos. Tamén está previsto incorporar datos de mobilidade orixe-destino procedentes de distintos medios de transporte e telefonía, así como información relativa ao gasto en destino. Na plataforma xa están incluídos os datos de calidade da auga das praias, consumo de auga, movementos turísticos, ocupación hostaleira e tráfico aéreo.
Entre os beneficios de contar cun sistema destas características para Sanxenxo destaca a posibilidade de ter un mellor coñecemento do sector máis aló dos datos, o que contribuirá á toma de decisións mellor informada para reorientar o modelo turístico cara á sustentabilidade, non como un valor engadido, senón como requisito para que o turismo poida continuar sendo un motor de desenvolvemento económico e social para a localidade.
Cabe lembrar que Sanxenxo tamén foi seleccionado por Segittur xunto aos concellos de Santa Susanna, e Conil, tres destinos da Rede DTI, para un proxecto piloto sobre a información relevante relativa ao Covid 19 que un destino turístico necesita comunicar aos seus visitantes durante todo o ciclo de viaxe, así como ás súas propios residentes. Para iso, sistematizouse a información usando como base a Semántica de Destino Turístico Intelixente, vocabulario para sistemas dixitais definido en 2019 e recolleito na norma UNE 178503.
 
 
0
0
0
s2sdefault