Concello de Sanxenxo - A MELLORA DA PRAZA DE VILALONGA PROFUNDIZARÁ NA INTEGRACIÓN CO CAMPO DE FÚTBOL E A CONTORNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O alcalde, xunto a varios concelleiros, visitou a praza acompañados da arquitecta Irene Campo Sáez que será a encargada de redactar o proxecto
 
 A mellora da Praza Pública de Vilalonga virará sobre tres eixos craves: Humanización da contorna, reordenación de espazos e mellora da integración co campo de fútbol. O alcalde, Telmo Martín, visitou xunto á primeira tenente alcalde, María Deza, e os concelleiros Paz Lago e Jaime Leiro, a praza acompañados da arquitecta Irene Campo Sáez que se encargará da redacción do proxecto.
 
Tanto o goberno como a técnica coinciden nas liñas xerais do proxecto e que pasan por converter a praza nun espazo 100% accesible con prioridade peonil, pero mantendo os accesos ao campo de fútbol e os servizos básicos municipais. A idea é transformar, ordenar e integrar a praza na contorna e de, forma especial, co campo de fútbol e o colexio de Ou Cruceiro. Campo explica que "sen perder os usos que actualmente ten a praza para mercadillo, festas ou distintas actividades, tratarase de facer o espazo máis versátil e de profundar na integración co campo de fútbol".
 
Outro espazo que resultará mellorado no proxecto será a zona de xogo infantil que será ampliada e renovada con novos elementos para distintas idades que farán máis atractivo o espazo para as familias con nenos.
 
A derriba proximamente do vello quiosco situado na praza servirá como preámbulo á redacción do proxecto definitivo que contemplará unha actuación integral nos 4.388 metros cadrados de superficie da praza.
 
 
0
0
0
s2sdefault