Concello de Sanxenxo - CINCO EMPRESAS PRESENTAN AS SÚAS OFERTAS PARA EXECUTAR A URBANIZACIÓN DO REVEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Covsa, Arias, Civis Global, San José e Marconsa presentaron as súas propostas para realizar os traballos
 
O Concello de Sanxenxo pechou esta mañá o prazo para a presentación de ofertas para executar a urbanización de O Revel cun total de cinco empresas: Covsa, Arias, Civis Global, San José e Marconsa. A obra que saíu a licitación o pasado 30 de decembro por 1.262.025 euros conta cun prazo de execución de catro meses.
 
A adxudicación dos traballos podería estar lista en quince días para que a obra poida empezar na segunda quincena de febreiro e poida estar rematada a mediados de xuño.
 
O proxecto de urbanización vertebra 73.164 metros cadrados para o que contempla catro viarios, con dous carrís de 3 metros, unha rotonda que axudará a achegar fluidez ao tráfico e a dotación de 84 prazas de estacionamento. As beirarrúas previstas terán unha anchura mínima de 2 metros e unha máxima de 4,5 metros. Conta cun apartado propio para o tratamento dos espazos libres e, en concreto, para a protección do arroio, a flora e fauna existente na contorna.
 
No prego recóllense melloras valoradas en 121.926 euros que fan referencia ao embelecemento da contorna coa plantación de 111 árbores de distintas especies como arces, jacarandas, magnolios, acivros ou camelias, entre outras. Tamén se inclúe unha mellora da iluminación da zona verde con 16 novas luminarias e a plantación de céspede.
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault