Concello de Sanxenxo - AS ESCOLAS INFANTÍS DE O TOMBO E O REVEL PARTICIPAN NUN PROXECTO PIONEIRO SOBRE A RESPIRACIÓN BUCAL EN POBOACIÓN INFANTIL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 80 familias participaron nun estudo realizado polo centro Lingoreta para a detección precoz de casos
 
Un total de 80 familias de nenos e nenas das escolas infantís de O Tombo e O Revel participan nun estudo pioneiro sobre a respiración bucal na poboación infantil. O estudo "Lingoreta e Lingoreto. Respiración", levado a cabo polo centro Lingoreta, ten como obxectivo a determinación da prevalencia e detección temperá de casos de respiración bucal en nenos e nenas de 1 a 3 anos.
 
Lingoreta facilitou ás familias unha escala-test sobre comportamentos dos seus fillos en determinadas situacións que axudarán a realizar un primeiro cribado para a detección de casos de respiración bucal. Cada escola infantil recibirá un resumo dos datos solicitados e as conclusións do estudo que servirán de guía para posteriores recomendacións ás familias e ás profesionais das escolas. O proxecto inclúe ademais un contacontos en ambos os centros en O Tombo, onde xa se realizou, e O Revel co que se mostran a distintas forma de respirar de forma lúdica.
 
0
0
0
s2sdefault