Concello de Sanxenxo - A SITUACIÓN SANITARIA OBRIGA A SUSPENDER A FESTA DA RAIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Obradoiro de Hostalaría arrincou esta semana na Praia de Caneliñas a súa tour polo Salnés cun showcooking de raia no que colaborou a Concellería de Cultura
 
O Concello decidiu pospor ao próximo ano a celebración da Festa da Raia debido á situación sanitaria e as restricións vixentes polo Covid. Manter nestes momentos a cita gastronómica portonovesa no calendario podería supor un paso atrás na recuperación da normalidade que o goberno considera "non nos podemos permitir" e, facelo coas actuais limitacións, desluciría a tradicional celebración. A concelleira de Cultura, Paz Lago, confía que o próximo ano a festa poderá celebrarse con normalidade e agora anima ao consumo do produto. "A homenaxe á raia e ao mundo do mar terá que ser sen celebración popular, pero iso non nos impedirá gozar dun produto de altísima calidade que se venderá na lonxa e mercados que se poderán degustar nos domicilios e nos locais de hostalería", asegura.
 
Dentro da colaboración que o Obradoiro de Hostalería do Salnés mantén coa celebración da Festa da Raia, o alumnado e profesorado trasladáronse esta semana á praia de Caneliñas para realizar un showcooking coa raia como protagonista dentro dun tour que realizarán polos distintos municipios do Salnés. Coas distintas elaboracións realizarase un vídeo que logo o Concello de Sanxenxo difundirá para dar a coñecelas nas súas redes sociais. Para a gravación elixiuse unha localización cunha gran simboloxía para Portonovo e que evitase a aglomeración de persoas.
 
Baixo a batuta do chef meco Paco Caneda, os alumnos realizaron catro elaboracións diferentes coa raia de Portonovo como protagonista: Croquetas de raia sobre crema de pataca violeta con salsa ali-oli, Sushi de raia no que se substituíu a alga polo grelo; Cremoso de arroz verde e raia e a clásica raia "á caldeirada". Caneda incide na importancia do "punto de cocción" e na "calidade dá raia que non caso dá de Portonovo non hai dúbida?.
A Concellería de Cultura realizará tamén unha exposición en Portonovo sobre a historia e tradición da Festa dá Raia en tres localizacións distintas: No campo de San Roque, na Avenida Rafael Picou e na estrada da Lanzada. Até case 80 imaxes da vila mariñeira, das súas xentes e das distintas citas gastronómicas celebradas ao longo da historia exporanse nestes puntos.
0
0
0
s2sdefault