Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE RESERVA E NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE O TOMBO E O REVEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo abre dende hoxe e ata o vindiero 30 de abril o prazo de reserva e novo ingreso nas escolas infantís de O Tombo e O Revel. Os modelos de solicitude serán facilitados no rexistro do Concello de Sanxenxo ou descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es Unicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

As solicitudes, xunto coa documentación requerida, presentarante no rexistro xeral municipal ou a través da sede electrónica (www.sanxenxo.es) do Concello de Sanxenxo. Para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica será precisa a identificación previa a través dos seguintes medios:

  • Certificado electrónico
  • Clave de usuario e contrasinal (deberá solicitarse presencialmente no rexistro xeral do Concello)

Hai que ter en conta que a situación que estamos a vivir con motivo da pandemia do Covid 19 pode modificar o número de prazas dispoñibles, así como a incorporación dos nenos e nenas ás Escolas. Polo tanto, ambolos dous aspectos estarán supeditados ás directrices que establezan as autoridades competentes

Os obxectivos de ambos centros son estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos. Ámbalas dúas Escolas contan tamén co servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.

0
0
0
s2sdefault