Concello de Sanxenxo - NAUTA SANXENXO LOGRA POR SEGUNDO ANO COMPENSAR A SÚA PEGADA DE CARBONO E UNHA REDUCIÓN DE EMISIÓNS DO 90%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os esforzos realizados nos últimos anos por Nauta Sanxenxo para reducir as súas emisións de CO2 están a ter resultados moi positivos. Por segundo ano consecutivo, a entidade municipal que xestiona o porto deportivo Juan Carlos I obtivo o Certificado de Pegada de Carbono ao 100% compensada emitido por CGN Certificación e conseguiu reducir un 90% as súas toneladas de emisións ao pasar de 184 a 19.
 
A pegada de carbono é o principal indicador ambiental que se utiliza para avaliar o impacto que unha actividade xera sobre o cambio climático e fai referencia á cantidade de gases efecto invernadoiro xera directa ou indirectamente.
 
Os obxectivos centráronse na redución dos consumos e a aposta por enerxías renovables. O persoal de Nauta realiza todos os desprazamentos posibles pola contorna portuaria con bicicletas eléctricas para reducir o uso de combustible, a iluminación de todo o espazo conta con lámpadas de baixo consumo e renováronse os equipos eléctricos e electrónicos por uns máis eficientes e modernos. Para as súas subministracións e equipamentos, Nauta busca sempre empresas que sexan respectuosas co medio ambiente e sustentables.
 
A empresa encargada de realizar o informe de verificación de emisións, CGN Certificación, que opera a nivel mundial, calculou a pegada de carbono de Nauta en tres alcances: Emisións directas dos focos da propia empresa, emisións indirectas pola enerxía procedente de redes e outras emisións indirectas como viaxes, xestión de residuos... Unhas emisións que a entidade municipal logrou compensar ao 100% no mercado internacional de crédito de carbono.
 
O cálculo e compensación da pegada de carbono supón un paso máis cara a unha xestión eficiente e respectuosa co medio ambiente que avalan xa as bandeiras Q de Calidade, Bandeira Azul e Galicia Calidade.
 
0
0
0
s2sdefault