Concello de Sanxenxo - SANXENXO MANTÉN O LIDERADO CON 17 BANDEIRAS AZUIS NAS SÚAS PRAIAS, 6 SENDEIROS AZUIS E TRES DISTINTIVOS DE CALIDADE PARA OS SEUS PORTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo revalida, un ano máis, o seu liderado como municipio español con maior número de bandeiras azuis. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) deu a coñecer os 17 distintivos que ondearán nas praias do municipio este verán: A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar. Sanxenxo mantén deste xeito a súa propia marca en galardóns que certifican a calidade das súas augas e dos servizos das súas praias. O obxectivo a curto prazo é lograr a bandeira azul para a praia de Nanín, algo no que o goberno xa está a traballar e que pronto poderá ser unha realidade.
 
O alcalde, Telmo Martín, móstrase "moi satisfeito por manter as 17 bandeiras azuis que xa acadamos ou ano pasado e xa estamos traballando para que en 2023 poidamos sumar a bandeira dezaoito, a de Nanín. Quero recoñecer ademais a labor dás 138 persoas que fan posible que Sanxenxo poida seguir sendo líder nestes distintivos". 
 
Ademais, Sanxenxo conta tamén con 6 Sendeiros Azuis: Sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñanzo,  Sendeiro Litoral Canelas-Punta Cabicastro,  Sendeiro Litoral Montalvo-Major,  Sendeiro Litoral Paxariñas-Montalvo,  Sendeiro Máxico da Lanzada e  Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo. Así como o distintivo do Centro Azul para o Centro de Interpretación das Telleiras.
 
As bandeiras azuis coas que a Adeac distingue a calidade dos servizos dos portos tamén ondearán este verán no Porto Deportivo Juan Carlos I, Real Club Náutico de Sanxenxo e o Club Náutico de Portonovo.
 
 
 
0
0
0
s2sdefault