Concello de Sanxenxo - O GOBERNO APROBARÁ NO PRÓXIMO PLENO O PRIMEIRO REGULAMENTO DE USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O texto inclúe unhas normas para o skate park e a sede de piragüismo, ambas de recente incorporación ao patrimonio municipal.
 
O goberno aprobará no Pleno de ordinario do próximo luns o primeiro regulamento de uso para as instalacións deportivas municipais co obxectivo de regular e optimizar a súa utilización. No último regulamento de 2008 só se contemplaba o uso dos campos de fútbol municipais, o que se aprobe na sesión ordinaria do próximo luns, ás 20:30 horas e que volverá ser presencial, contemplará todas as instalacións deportivas, incluídas as de última incorporación ao patrimonio municipal como son a pista de skate park e a sede de piragüismo.
 
As instalacións interiores deberán utilizarse previa reserva con horario de peche de luns a venres ás 23:30 horas, os sábados ás 21:30 horas e os domingos ás 14 horas. O equipamento deportivo exterior utilizarase de forma gratuíta e non será necesaria a reserva.
 
En canto ás normas de uso do skate park o regulamento recolle o uso obrigatorio de casco para a práctica deportiva e a prohibición do uso de ceras ou outros elementos deslizantes, así como calquera elemento que poida causar dano na instalación. Na sede de piragüismo situada en Baltar o monitor neste caso do Club de Piragüismo, entidade á que foi cedido o seu uso, será sempre o responsable do cumprimento e coidado das instalacións.
 
O regulamento recolle un réxime sancionador con até tres tipos de infraccións. As leves nas que se inclúe causar danos en instalacións por comportamentos neglixentes ou imprudentes, así como desatender as indicacións recollidas no regulamento. Neste caso a sanción será menor de 100 euros. As infraccións graves serán sancionadas con até 300 euros e inclúense a alteración da convivencia na instalación, causar graves danos ao espazo ou falsear datos identificativos. As moi graves serán sancionadas con até 3.000 euros e a privación definitiva do uso das instalacións municipais.
 
0
0
0
s2sdefault