Concello de Sanxenxo - O PARKING NAUTA REXISTRA A MAIOR FACTURACIÓN DO MES DE MAIO DESDE A APERTURA DAS SÚAS INSTALACIÓNS EN 2005
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os datos de consumo e residuos de súmanse a outros sinais que apuntan a un verán moi bo
 
 
Os datos de ocupación do parking do porto deportivo de maio son os máis altos desde a apertura das instalacións en 2005. En concreto houbo unha recadación marca de 24.487 € fronte aos 19.681 € de maio de 2019 ou os 15.615 € do mesmo mes de 2016. Hai que ter en conta que 2016 e 2019 son os mellores anos turísticos da historia de Sanxenxo segundo os datos do INE. Cada día do mes de maio utilizaron o parking do porto deportivo unha media de 354 vehículos, segundo avanzaba o mes a ocupación foi a máis, cunha recadación na segunda quincena 15.568 € fronte aos 8.917 € da primeira.
 
A mesma tendencia rexistra o consumo de auga, o pasado mes de maio alcanzou os 161.738 m3 fronte aos 157.009 m3 que se consumiron en maio de 2019 antes da pandemia e, por suposto, moi superior ao consumo de maio de 2020 que foi de 136.592 m3. A suma da xeración dos distintos residuos, orgánico, envases, vidro, papel e voluminosos alcanzou o pasado mes de maio 826.310 kg fronte ao 915.940 kg de maio de 2019. Supón unha redución do 10%, en concreto de 89.630 kg.
 
"Se hai só un mes nos din que imos empezar a tempada alta batendo o record de recadación do parking dende a súa apertura ou que se ían a superar as cifras de consumo de auga do 2019 non o houberamos crido", indica o alcalde, Telmo Martín. Como resultou ser así, o goberno interprétao como un sinal máis que súmase a outras que apuntan a que Sanxenxo pode ter un gran verán para a actividade turística. "Agardamos que sexa así porque o sector turístico, hostalería, hoteis, apartamentos, comercios... merecen empezar a recuperar o perdido durante a pandemia", sinala Martín.    
0
0
0
s2sdefault