Concello de Sanxenxo - XUVENTUDE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE VERÁN CON 40 PRAZAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O Concello de Sanxenxo, a través do seu departamento de Xuventude, volverá apostar un ano máis por unha proposta estival para os mozos do municipio de entre 12 e 18 anos.  A Casa Mariñeira de Don Fernando converterase no epicentro das actividades con talleres de aprendizaxes non formais, xogos cooperativos, saídas, acción de voluntariado social e gamers.
 
O programa dará comezo o próximo 5 de xullo e concluirá o 31 de agosto cun horario de 10 a 14 horas no que se combinará a aprendizaxe e experiencias coa participación activa e a diversión. Os mozos que estean interesados a participar poderán entregar as inscricións na casa de Don Fernando polas mañás en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres, ou polas tardes, os luns, mércores e xoves, de 16:30 a 19:30 horas. Tamén poderán facelo a través do correo electrónico ou vía whatsapp ao 615 581 295.
 
 
0
0
0
s2sdefault