Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 968 ESCOLARES INICIARÁN MAÑÁ O CURSO EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O inicio das clases no CEIP Portonovo posponse ao próximo luns debido ás obras de reforma integral que se executan no centro
 
Un total de 968 escolares iniciarán mañá un novo curso en Educación Infantil e Primaria en Sanxenxo. O novo colexio do Cruceiro farao con 211 alumnos; o CEIP de Nantes con 107; o CEIP Magaláns con 75; o CEIP A Florida con 215; o CEIP de O Telleiro con 136; o Colexio Abrente con 217 e a EEI de Aios con 7. O alumnado do CEIP Portonovo terá que esperar ao próximo luns para iniciar as clases debido ás obras de reforma integral que a Consellería de Educación está a executar no centro. A decisión de pospor o inicio de curso tomouse tras a visita da xefatura territorial, a unidade técnica e a concelleira de Educación, Paz Lago, tras unha visita este mesmo luns ao colexio.
 
O Concello de Sanxenxo reforzará o próximo curso escolar o persoal destinado á limpeza de colexios para poder responder de forma óptica ao seis centros educativos do municipio. Así, incrementarase con dous traballadores máis o actual persoal de 25, o que suporá un custo total de 277.828 euros. Nesta partida non se inclúen os gastos de produtos, material e maquinaria de limpeza. 
 
O goberno acordou manter o reforzo de limpeza matinal como o ano pasado para dar resposta ao protocolo anticovid e realizou unha profunda desinfección e limpeza de tódolos centros para que o curso comece con todas as garantías sanitarias. A presenza policial para xestionar os accesos e saídas aos colexios manterase do mesmo xeito que o ano pasado, excepto en O Telleiro e Magaláns que non requiriron este servizo.
 
A Concellería de Educación en colaboración coa Xunta de Galicia destinou este verán 106.000 euros á posta a punto dos colexios durante as vacacións para que estes centros estean listos para o inicio do próximo curso. As intervencións centráronse no CEIP A Florida, Portonovo, Magaláns, Telleiro e Plurilingüe de Nantes, e na unitaria de Aios. No CEIP de Portonovo concéntrase o maior investimento en canto a mellora do centro con case un millón de euros xa que se substituirán todas as cubertas e luminarias, entre outras actuacións.
 
Gran expectación
Máis de 600 persoas achegáronse onte pola tarde a coñecer as instalacións do novo colexio do Cruceiro no Revel na xornada de portas abertas organizadas polo Concello de Sanxenxo. En grupos de 15 e 20 entre maiores e pequenos percorreron o centro educativo que mañá abrirá as súas portas. 
 
0
0
0
s2sdefault