Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE ENTRETENDAS NA PRAZA DOS BARCOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O horario da actividade será continuado, de 11 a 22 horas, desde este venres ata o vindeiro domingo
 
Comercios do municipio exporán este fin de semana os seus produtos na Feira de Oportunidades de Entretendas. Un total de 15 postos situaranse en forma de u na Praza dos Barcos para expor distintos artigos que van desde o téxtil, pel, decoración e calzado ata produtos gastronómicos.
 
O obxectivo desta actividade, así o explica o presidente de Entretendas, é "darlle un empuxe á campaña da Volta ao Cole con artigos de moi boa calidade e a un prezo excepcional". E, ademais, dar saída ao stock de produtos que lle puido quedar ao comercio durante un verán que, aínda sen facer balance xeral, "houbo moita xente e houbo un bo nivel de vendas".
 
O concelleiro de Economía, Marcos Guisasola, destacou que se trata de "unha oportunidade" para o comercio local, pero tamén para os compradores. "Concentraría nun mesmo espazo produtos de distinto tipo a prezos moi competitivos polo que animo á xente a vir a Sanxenxo e a comprar no comercio local", asegurou.
 
O horario de apertura ao público será continuado de 11 a 22 horas e o evento cumprirá con todas as medidas anticovid. A máscara será obrigatoria e o xel desinfectante colocarase no acceso ao recinto para o seu uso antes de acceder ao mesmo.
0
0
0
s2sdefault