Concello de Sanxenxo - O CIM DE SANXENXO LEVARÁ A EDUCACIÓN SECUNDARIA UN CONCURSO DE TIK TOK CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
O outro proxecto centrarase na educación afectivo sexual e prevención da violencia de xénero en 5º de Primaria e 1º da ESO
 
Chegar aos máis novos con propostas que atraian a súa atención e que, en definitiva, falen o mesmo idioma para difundir a igualdade entre sexos, previr a violencia de xénero desde idades temperás e traballar a educación afectivo sexual. Ese é o obxectivo dos dous proxectos que levará o Centro de Información á Muller de Sanxenxo (CIM) aos centros educativos do municipio. 
 
O concurso "Tik Tok contra a violencia de xénero", dirixido ao alumnado de 3ª e 4º de Secundaria ten como obxectivo traballar a sensibilización coa igualdade cos adolescentes de forma dinámica e visual. O traballo organizarase en dúas sesións nas que se abordará o "ciberbullying, ciberacoso, grooming..." A actividade concluirá coa creación de vídeos de Tik Tok nos que se promocione a igualdade de xénero, a prevención da violencia, así como, formas de romper desigualdades persistentes na sociedade, estereotipos... Os mellores vídeos terán premio que se entregarán nos actos conmemorativos do 25-N.
 
O outro proxecto de educación afectivo sexual e prevención da violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 5º e 1º da ESO, desenvolverase ao redor de 4 talleres a través de dinámicas de xogos, entrelazados con teoría. O obxectivo que se busca con este proxecto no que se abordarán diversas temáticas como a identidade sexual, a igualdade entre sexos, prevención da violencia de xénero, mitos románticos e autoestima, entre outras. Esta formación impartida por persoas profesionais na materia terá incidencia no resto da sociedade como destinataria indirecta da acción en familiares e círculos de amizade. 
 
Este proxecto de educación afectivo sexual está financiado pola Deputación de Pontevedra no marco das subvencións a concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.
 
0
0
0
s2sdefault