Concello de Sanxenxo - O CONCELLO APLICARÁ UN TRATAMENTO NO ABETO BRANCO DO PAZO DE QUINTÁNS AO DETECTAR FUNGOS NA RAÍZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Medio Ambiente tramitará a inclusión do exemplar no catálogo de árbores singulares de Galicia
 
O abeto branco que preside o patio central do Pazo de Quintáns recibirá nos próximos días un tratamento tras detectar un agresivo fungo nas raíces que está a provocar importantes danos no exemplar. Para que a actuación prevista sexa efectiva necesítase polo menos dúas semanas sen choiva para que a terra estea seca.
 
Os traballos comezarán coa retirada do céspede que rodea a árbore que, nestes momentos, compite polos nutrientes que precisa o abeto. A continuación, realizarase unha descompactación da terra para deixar que se oxigene e poder aplicar os potenciadores de enraizamientos na árbore. O tratamento non pretende acabar co fungo, senón crear unhas barreiras protectoras que inmunice á árbore contra a bacteria.
 
O obxectivo da Concellería de Medio Ambiente é recuperar unha árbore que, segundo un informe da Estación Fitopatológica de O Areeiro, podería ter interese a súa conservación como patrimonio vexetal do municipio. Así, o departamento que dirixe Juan Deza tramitará se o tratamento resulta efectivo a súa catalogación como árbore singular ante a Consellería de Medio Ambiente. Deste xeito, o exemplar conseguiría unha protección legal que tamén afectaría a súa contorna inmediato, e recibiría axudas oficiais para coidalos. Esta liña de conservación excede o ámbito estritamente biolóxico, ao incorporar o valor antropolóxico desde o punto de vista da estética e a sensibilidade do pobo á súa contorna.
 
Loita contra o picudo vermello
 
A Concellería de Medio Ambiente destina anualmente 12.000 euros para loitar contra o picudo vermello nas 78 palmeiras do municipio. Nalgunhas delas xa está presente, pero o tratamento que se lle aplica frea o avance da praga e a súa propagación. Ademais, permite ter o control do estado de cada unha delas. En 2020 talláronse tres exemplares, dous no Paseo de Baltar e unha en Avenida de León.
 
0
0
0
s2sdefault