Concello de Sanxenxo - A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL PON EN MARCHA OS CICLOS MUSICAIS NO AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Escola de Música Municipal retoma o contacto coas familias a través dos "Ciclos Musicais" no Auditorio Emilia Pardo Bazán. Cada mes, realizarase unha pequena audición onde actuarán un número limitado de alumnos para que poidan volver sentir ou sintan, por primeira vez, a sensación de subir ao escenario.

Este novo formato deu comezo o pasado mércores cunha gran acollida por parte das familias, alumnado e profesorado do centro. Unha audición que foi en honra á patroa dos músicos, Santa Icía. A próxima actuación terá lugar o 16 de decembro, ás 19:30 horas.

0
0
0
s2sdefault