Concello de Sanxenxo - O CÉSPEDE DO CAMPO DE FÚTBOL DE O REVEL LOGRA O SELO DE CALIDADE FIFA QUALITY
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A certificación ten vixencia ata 2024 e someterase a controis períodicos para garantir a calidade.
 
O campo de fútbol de O Revel acaba de conseguir a certificación FIFA Quality, un recoñecemento de calidade que concede a Federación Internacional de Fútbol para terreos de xogo equipados con céspede artificial. Este selo avala as magníficas condicións nas que se atopan as instalacións de O Revel tras a instalación do novo céspede o pasado mes de outubro. "É o primeiro campo de Sanxenxo que conta con este selo e xa o están a desfrutar os nosos deportistas tanto do Vilalonga F.C. como do Sporting Club Libertad e varios equipos veteráns. É unha moi boa noticia", explica o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa.
 
A obtención da certificado FIFA Quality garante as prestacións do campo segundo os criterios do programa de calidade para céspede artificial da FIFA. Entre outras probas realizadas, comprobouse a interacción entre o xogador e a superficie de xogo, entre o balón e a superficie, a resistencia ás condicións meteorolóxicas ou a durabilidade.
 
A certificación ten unha vixencia ata 2024, período no que a Federación Internacional levará a cabo controles adicionais de garantía de calidade en campos seleccionados ao azar. O obxectivo destas avaliacións é axudar ao consumidor final brindándolle orientación sobre como utilizar e manter o campo correctamente. Ademais, informarase ao fabricante se é necesario realizar algunha reparación.
A empresa encargada da subministración e instalación do céspede do campo de fútbol de O Revel en Vilalonga foi a firma Fieldturf Poligras, subministradora do Barcelona F.C. e do Paris Saint Germain. O investimento do Concello de Sanxenxo foi de 288.208 euros a través da modalidade de renting por un período de 5 anos. Ademais, colocouse un sistema de rega con seis aspersores con turbina de longo alcance, sete electroválvulas de fibra de vidro, seis pezas e seis conectores estancos con xel de illamento. 
0
0
0
s2sdefault