Concello de Sanxenxo - OS REIS CHEGARÁN A SANXENXO NO TREN MEIGO E RECIBIRÁN AOS NENOS NA SALA NAUTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello habilita dúas horas máis de aparcadoiro gratuíto ás familias empadroadas no municipio para facilitar a asistencia á recepción
 
Os Reyes chegarán mañá a Sanxenxo no Tren Meigo para recibir aos nenos e nenas na Sala Nauta. A chegada está prevista ás 16:30 horas e prolongarase até as 20 horas para que ningún pequeno quede sen ver ás súas maxestades de Oriente, facerse unha fotografía co seu rei favorito e recibir unha bolsa de caramelos. Para facer a espera máis amena está prevista animación no exterior con música, zancudos, personaxes de animación que contribuirán ao ambiente lúdico e festivo da cita. A partir das 17:30 horas, a Asociación Soalleira de Dorrón deleitará aos asistentes coa tradicional Danza de Reis na Praza dous Barcos.
 
A Sala Nauta volverá converterse nunha auténtica recepción real adornada para a ocasión para conseguir que o momento sexa máxico e inesquecible para os máis pequenos. A entrada e saída ao recinto realizarase de forma controlada e con todas as medidas de seguridade sanitaria.
 
Pola mañá, a partir das 11 horas, os paxes reais realizarán un percorrido co Tren Meigo por todas as parroquias do municipio anunciando a recepción real que terá lugar pola tarde. Partirán desde o pavillón da Florida subirán a Miraflores  pasando por Reis, Bordóns, Dorrón, Os Cotos, Areas, Nanín, Avenida de León, Rúa Progreso, Rúa Castiñeiros, Fontoira, Nantes, Pedroño, Polígono, O Santo, Cruce Parladoiro, Adina, Rotonda Portonovo, estrada A Lanzada, Travesía Areal, Espiñeiro, Rafael Pico, Caneliñas, A Perla, Arra, Montalvo, Aios, Noalla, Quintáns, Telleiro, Revolta, Rouxique, Costiña, Arnosa, Salgueira (Saída Eko Max), centro Vilalonga, Praza Vilalonga, Igrexa Vilalonga, Capela de Gondar, Vichona, Rotonda Arnelas, Avenida de Luís Rocafort, Paseo de Silgar, porto deportivo, Rúa de Madrid e A Florida.
 
Para facilitar a asistencia á recepción real, o Concello de Sanxenxo habilitará dúas horas gratuítas máis, das dúas xa habituais, ás familias empadroadas no municipio como xa se fixo o ano pasado. Trátase de que as familias poidan gozar dunha cita do Nadal moi especial.
 
Doutra banda, a Banda de Música de Sanxenxo acaba de anunciar a cancelación do tradicional concerto de reis previsto o 6 de xaneiro no Auditorio de Emilia Pardo Bazán debido á situación sanitaria tras agradecer "o seu esforzo e adicación" a integrantes, director, socios, familias e Concello. A Banda felicitou o ano así: "Queremos desexar un próspero 2022, cargado de saúde e, por suposto, de moita música!".
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault