Concello de Sanxenxo - O PADRÓN MUNICIPAL DE SANXENXO PECHOU 2021 CON 17.856 VECIÑOS, A CIFRA MÁIS ALTA DA SÚA SERIE HISTÓRICA POBOACIONAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O número de habitantes creceu no último século un 108% no municipio
 
Sanxenxo contaba a 31 de decembro de 2021 con 17.856 censadas no seu padrón municipal. Esta cifra, que podería sufrir algúns pequenos axustes, é a cifra de poboación máis alta da súa serie histórica poboacional e supón un crecemento no último século do 108%. E é que en 1920 Sanxenxo contaba con 8.578 habitantes, un dato que sufriu fluctuacións ao longo dos anos, especialmente significativa entre os anos 2014 e 2019. 
 
A tendencia de aumento de habitantes rexistrou un repunte significativo coa pandemia xa que foron moitas persoas que, tendo a súa segunda residencia no municipio, mudáronse e empadroáronse en Sanxenxo. Outros, simplemente, regularizaron a súa situación obrigados, nalgúns casos, polos peches perimetrais.
 
O obxectivo do goberno local é lograr os 20.000 habitantes para cumprir cos requisitos que permitirían obter a Sanxenxo máis fondos económicos do Estado, ao cumprir xa co número de prazas de aloxamento e de segundas residencias. 
 
En canto á procedencia dos habitantes de Sanxenxo, o 65% son oriundos do municipio; o 19% da provincia de Pontevedra; o 4,2% nados en Galicia; o 3,8%, de distintos puntos de España, e o 8%, doutros países. A media de idade dos habitantes de Sanxenxo é de 45,44 anos, 1,83 anos máis que hai un lustro que era de 43,61 anos. A poboación entre 18 e 65 anos en Sanxenxo supón o 62,8%.
 
Finalmente, cabe destacar que, a pesar de que o 77% dos concellos galegos rexistrou perda de poboación, Pontevedra creceu un 76% nun século e Galicia, un 36%. 
 
0
0
0
s2sdefault