Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LOGRA AMPLIAR A BOLSA DE APARCADOIROS NO CENTRO URBANO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O varadoiro do porto xa está aberto desde o pasado venres con 80 prazas dispoñibles

Portonovo contará con máis prazas de aparcadoiro disuasorio gratuíto este verán. O Concello de Sanxenxo logrou un acordo cos propietarios de dúas parcelas anexas que permitirán ampliar o parking da Xunqueira, próximo ao mercado de abastos, en 85 novas prazas alcanzando unha cifra total de 205.

Así mesmo, está dispoñible para aparcar de forma gratuíta a zona do varadoiro con capacidade para 80 prazas. O goberno renovou o convenio con Portos de Galicia para que a zona portuaria de Portonovo se abra ao público. A confraría alixeirou os traballos para facer posible a liberación do espazo desde o pasado venres 1 de xullo.


A proposta de parkings para veciños e visitantes inclúe en Portonovo o aparcadoiro da Perla, con capacidade para máis de 200 coches. A este recinto hai que sumar as 250 prazas máis que se sitúan na contorna da piscina de Baltar e os campos de fútbol.
Portonovo contará este verán tamén cunha ampla bolsa de aparcadoiro nunha parcela, situada na marxe dereita da estrada na rotonda de entrada á vila, con capacidade para 500 vehículos. O espazo estará xestionado polo Portonovo SD que chegou a un acordo cos propietarios, pero quedarán libres sobre 40 prazas que se reservarán sen custo algún para traballadores do centro da vila mariñeira.

0
0
0
s2sdefault