Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO HUMANIZARÁ O ACCESO Á PRAZA DE TRAVESÍA AREAL EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A actuación ten un custo estimado de 48.400 euros e será financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

O Concello de Sanxenxo humanizará o acceso á Praza de Travesía Areal en Portonovo. A actuación que ten un custo estimado de 48.400 euros e será financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra baseando a súa estratexia en recuperar este espazo para o desfrutar do cidadán enlazándoo peatonalmente cos espazos públicos dos arredores como o Mercado, rúas e xardíns lindeiros.

Trátase de xerar un espazo de relación social tanto na rúa como prazas e espazos verdes que a circundan, fomentando a vida cidadá nunha contorna urbana máis humana e ambientalmente máis sustentable. Eliminarase a escaleira de acceso desde a rúa polo seu lado sur e dotarase de rampla que permita salvar esa diferenza de cota mellorando a accesibilidade a este espazo.

O acceso desde o mercado realizarase en dous tramos a diferente cota salvados por unha xardineira intermedia. Substituiranse os bancos de formigón actuais por bancos de pedra. Dotarase dos elementos de iluminación máis eficientes e con menor consumo enerxético. Proxéctase a renovación da rede de saneamento existente e ocultación de arquetas e colectores pluviais vistos, con todos os elementos necesarios para o seu correcto funcionamento.

Preténdese mellorar o aspecto e acabados dos pavimentos, así como a reparación de elementos deteriorados. Cambiarase de localización os colectores encostados ao mercado movéndoos á beira oposta da rúa e instalarase peche para ocultación dos mesmos. A central de iluminación pública tamén se recolocará en este mesmo lado da rúa á beira dos colectores. Traballaranse as superficies con novos pavimentos en continuidade coa actuación da contorna do mercado.

0
0
0
s2sdefault