Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONTA CUN PROXECTO PARA REFORMAR A CASA DE CULTURA DE NANTES E MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O custo da actuación ascende a case 150.000 euros e opta a unha subvención da Xunta de Galicia

O Concello de Sanxenxo quere levar a cabo unha profunda mellora na Casa de Cultura de Nantes coa que mellorar o illamento do edificio. Para iso conta cun proxecto valorado en case 150.000 euros que opta a unha subvención da Xunta de Galicia para aplicar en obras de mellora de eficiencia enerxética.

A Casa de Cultura de Nantes organízase en dúas plantas sobre rasante e dispón dunha cuberta de tella. A estrutura é de piares de formigón armado e forxados unidireccionales. As carpintarías actuais son metálicas con vidros simples e persianas. A calefacción realízase por radiadores eléctricos.

O obxecto das actuacións é mellorar o comportamento enerxético das instalacións e para iso exponse a execución dunha nova cuberta formada por paneis tipo sándwich. Os parámetros básicos que se tiveron en conta á hora da elección do sistema de cuberta foron a zona climática, o grao de impermeabilidad e recollida de augas pluviais.

Para a fachada proponse un revestimento para o seu illamento térmico. Instalarase no encontro co chan unha beirarrúa mediante soleira vista de formigón e un zócalo de pedra no inferior da fachada para protección da mesma.

En canto á carpintaría exterior, o espazo estará aberto visualmente ao recinto no que se atopa, por tanto, proponse unha repetición modular de carpintarías metálicas con vidros baixo emisivos e control solar. A carpintaría exterior será de aluminio. Instalaranse persianas de lamas de aluminio para control solar.

0
0
0
s2sdefault