Concello de Sanxenxo - A PLATAFORMA CIVITATIS REXISTROU UN INCREMENTO DO 47,9% DE VISITANTES A SANXENXO EN 2023
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa de visitas guiadas e excursións en español destaca que o 90% das valoracións do destino superan as 4 estrelas sobre 5

Sanxenxo, 8 de marzo de 2024.- A empresa líder na venda de visitas guiadas e excursións en español por todo o mundo, Civitatis, acaba de facer público un estudo no que subliña que 2023 foi un "ano récord" para o turismo en Sanxenxo. Segundo os datos rexistrados nesta plataforma, o ano pasado, o municipio obtivo un 47,9 % máis de visitantes que en 2022. O maior pico de visitas, destacan, foi no mes de xullo.

Ademais deste incremento no número de persoas que viaxaron ata Sanxenxo para facer algún dos tours que ofrece Civitatis no municipio, a plataforma observou tamén un crecemento no interese dos turistas polo destino. Así, o número de usuarios que accederon á sección de Sanxenxo na web de Civitatis foi un 37,9 % maior que en 2022.

No mesmo estudo indícase que non só aumentaron as cifras de visitantes a Sanxenxo, senón que tamén mellorou a satisfacción entre os turistas. O 90 % das valoracións recibidas nas actividades turísticas realizadas en en Sanxenxo superaron as catro estrelas sobre cinco.

Por último, revisando os datos recolleitos durante o 2023 desde un prisma demográfico, é posible apreciar que o grupo poboacional que máis visitou o municipio, a través da plataforma, foron as parellas (42,2 %), seguido dos amigos (23,3 %).
Civitatis é a compañía líder en distribución online de visitas guiadas, excursións e actividades en español nos principais destinos do mundo con máis de 89.000 actividades en 3.800 destinos repartidos en 160 países. En 2023, máis de 800.000 persoas encheron a súa viaxe cada mes con Civitatis.

0
0
0
s2sdefault