Concello de Sanxenxo - A FEIRA DE OPORTUNIDADES VOLVERÁ ESTA SEMANA SANTA Á PRAZA DOS BARCOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



A Mesa Local de Comercio Local deu luz verde á celebración da cita os días 28, 29 e 30 de marzo

Sanxenxo, 15 de marzo de 2024.- A Feira de Oportunidades volverá en Semana Santa á Praza do Barcos, entre os días 28, 29 e 30 de marzo, en horario continuado de 11 a 21:30 horas. A entrada ao recinto será gratuíta e a disposición de case unha trintena de expositores cambiará lixeiramente tras a reforma da remodelación da praza e a creación da rampla axardinada.

Á cita, que está plenamente consolidada na programación de actividades de Semana Santa do municipio, déuselle luz verde esta semana na Mesa de Comercio Local. Con esta feira, os establecementos buscan desfacerse dos stocks e mercadoría da tempada de inverno tras unha campaña "frouxa" en vendas. Entre os produtos que se poderán adquirir atópase calzado, roupa de adulto e neno, pel, bixutaría, mel, artesanía, decoración e mesmo dous postos, un de inventos e outro de antigüidades.

Na feira participarán os comerciantes locais, que ofrecerán descontos que, nalgúns casos, superarán o 70%, polo que se converte nunha oportunidade única para facerse con artigos con importantes rebaixas. O modelo dos expositores será como en anos anteriores tipo "jaima".

0
0
0
s2sdefault