Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 13 EMPRESAS OPTAN A CONSTRUÍR A PRIMEFRA NAVE DO COMPLEXO DE SERVIZOS MUNICIPAIS NO POLÍGONO DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Sanxenxo, 17 de marzo de 2024.- Un total de 13 empresas optan á construción da primeira nave almacén que se destinará a equipamento municipal dentro do complexo de servizos municipais no parque empresarial de Nantes. Trátase de Construcións e Obras, S.L.U Taboada Ramos, Prace Servizos e Obras, Extraco, Construcións Ramírez, Copasa-Oresa, Construcións Castro Figueiro, Civis Global, Plaintec Obras e Servizos, Oreco Balgón, Ogmios Proxecto, Citanias Obras e Servizos, Seranco, e Desarrolla Obras e Servizos.

O edificio que terá unha superficie de 3.800 m2 sae a concurso por 2,6 millóns de euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 12 meses. A construción desta nave permitirá ao Concello de Sanxenxo o aforro de 40.000 euros ao ano polo actual aluguer do almacén.

A parcela municipal na que se levantará a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. O almacén incluirá no soto un aparcadoiro para 16 vehículos municipais e tres puntos con cargadores eléctricos. Tamén contará con paneis solares que suporán un importante aforro na factura da enerxía eléctrica. O obxectivo é construír un edificio sustentable e ecoeficiente cun aseo, dous vestiarios, uns despachos de billetes e dous accesos. O exterior disporá dun aparcadoiro e un xardín.

A nave sustentarase mediante alicerces de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich.

As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada que incorpora unha coroación trasventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasois en determinados paramentos, aos efectos de minimizar a exposición de estancias habitables.

0
0
0
s2sdefault