Concello de Sanxenxo - ESPINA & DELFÍN AVANZA COAS PRIMEIRAS OITO OBRAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO PREVISTAS NO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 29 de marzo de 2024.- As obras de abastecemento e saneamento no rural comprometidas no novo contrato da auga asinado coa concesionaria Espina & Delfín avanzan e xa concluíron nove das obras de abastecemento e saneamento previstas nas sete parroquias a falta de que se proceda á súa pavimentación. Trátase do saneamento en Poleiros (Adina) e Xuncablanca (Vilalonga), o abastecemento e saneamento en Altamira, a prolongación das redes de abastecemento e saneamento en Tombelo-Noalla, a ampliación da rede de saneamento en Iglesario-Vilalonga, a prolongación da rede de abastecemento e saneamento en Casal-Nantes, a rede de abastecemento en Reis e Barreiro, o abastecemento e saneamento en Pazos (Nantes), o saneamento do Sear- BORDÓNS e o abastecemento en Rexenxo e Barreiro. Nas próximas semanas prevese o inicio das obras do saneamento en Pontes e de abastecemento en Lagarei e Padriñán.

O municipio ten un total de 16.900 vivendas das que 726 (4,3%) carecen de saneamento ou auga. A empresa concesionaria asumeu a realización de 80 actuacións valoradas en 11.963.798 euros. O contrato contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda fase que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.

Estas actuacións xunto ás previstas no convenio con Acuaes, mellorarán a depuradora e os bombeos de augas residuais, e converterán a Sanxenxo nun referente no tratamento e depuración das súas augas. En total realizarase un investimento de case 36 millóns de euros

0
0
0
s2sdefault