Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PREMIARÁ A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE PARODIAS QUE SE CELEBRARÁ NO USOS MÚLTIPLES DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O período de inscrición finaliza o vindeiro 5 de marzo

Sanxenxo, 11 de febreiro de 2025.- O Concello de Sanxenxo convoca un ano máis o concurso Parodias Feito na Casa, no que os participantes deberán representar e escenificar situacións, feitos da vida cotiá ou de actualidade con humor e enxeño. A cita, conducida por Silvia Dorrón, terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:30 horas, no salón de Usos Múltiples de Portonovo.

A Concellería de Cultura quere potenciar a implicación cidadá con 10 accésits de participación de 50 euros e un premio único de 200 euros. O período de inscrición conclúe o venres 5 de marzo ás 23:59 horas e poderá realizarse presencialmente no rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo, de 8:30 a 14:00 horas, ou na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo mediante DNI electrónico, certificado dixital ou autenticación Cl@ve.

Os participantes deberán presentar un mínimo de dúas actuacións e axustarse a un escenario de 4x4 metros. A organización porá á súa disposición o equipo de son, así como o atrezzo necesario para a actuación. A duración non deberá exceder os cinco minutos. A temática é libre, podendo parodiar calquera situación ou tema en clave de humor. Durante a actuación quedará prohibido o uso de calquera tipo de lume e a participación de animais vivos.

O xurado puntuará de 1 a 5 os seguintes criterios: orixinalidade do disfrace, posta en escena e aderezo.

 

[PDF] BASES CONCURSO DE PARODIAS 2025

0
0
0
s2sdefault