Concello de Sanxenxo - O AUDITORIO ACOLLERÁ O 21 E 28 DE FEBREIRO UN OBRADOIRO FORMATIVO “COÑÉCETE PARA EDUCALO”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os interesados deben reservar a súa praza antes do 20 de febreiro no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 986 727 936

Sanxenxo, 10 de febreiro de 2025.- O Auditorio Emilia Pardo Bazán acollerá os próximos 21 e 28 de febreiro un obradoiro formativo “Coñécete para educalo”, de 19:00 a 21:00 horas, con Sandra Mesías, consultora e formadora en Educación en habilidades de comunicación, liderado, formacións e intelixencia emocional. A actividade desenvólvese dentro do programa Sanxenxo co Talento, impulsado desde a Concellería de Educación dirixida por Nati Parada. A este primeiro obradoiro formativo seguirán outros tres: “Talento e fortalezas”, “Comunicar para conectar” e “Intelixencia emocional e xestión de conflitos”.

Trátase duns encontros de aprendizaxe e autodesenvolvemento baixo unha metodoloxía diferente e eminentemente práctica, baseada na experiencia vivencial a partir da cal se xera o coñecemento. Estes obradoiros buscan provocar nos asistentes a necesidade de desenvolverse a partir de coñecementos teóricos e do desenvolvemento de competencias persoais para o éxito no seu rol de pai, nai, docente, educador e persoa que acompaña, educa e potencia o desenvolvemento doutros.

O programa vai dirixido a pais, nais, persoal docente, adolescentes e líderes de educación e ten os seguintes obxectivos:

• Dotar aos participantes dun maior autocoñecemento respecto ao seu estilo natural e como iso condiciona a educación, relación e impacto nos demais.
• Coñecer e utilizar ferramentas de xestión do talento e desenvolvemento para mellorar a calidade na educación.
• Incrementar o coñecemento sobre os seus fillos, alumnos… e, en consecuencia, transformar o seu rol nun estilo diferente.
• Xerar un espazo para compartir e enriquecerse a partir de diferentes perfís e puntos de vista.
• Comprender as causas de posibles conflitos e a xestión emocional á hora de educar, acompañar e xerar alternativas para a súa xestión.

0
0
0
s2sdefault