Sanxenxo, 25 de marzo de 2025. – O Concello de Sanxenxo continúa coa mellora e posta a punto dos espazos naturais. A través da Concellería de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, xa se renovaron tres tramos do valado en A Lanzada no acceso á ermida ao longo de 295 metros lineais. Agora estase a realizar unha mellora no acceso á praia cun tratamento da superficie da rampla de 190 m² cunha capa de 20 centímetros de zahorra con ligante natural, de xeito que se garanta a durabilidade da superficie e se minimice a erosión. Para conter a zahorra e garantir a delimitación do espazo de tránsito, instalarase un bordillo de madeira. Ademais, realizaranse gabias a ambos lados para garantir a evacuación de augas, cunha cuneta aberta en forma de medio tubo. Ambas actuacións teñen un custo de 36.170 euros que serán financiados cunha axuda autonómica de Red Natura.
Estas actuacións súmanse á realizada na praia de Areas coa renovación de 150 metros da pasarela e á limpeza que o Concello está levando a cabo nos marxes do río Pintillón na zona da súa desembocadura. Tamén se executou a ampliación da pasarela e mellorouse o acceso e iluminación na praia da Panadeira a finais do ano pasado. Ambas están incluídas dentro da liña de axudas do Embelecemento do Litoral Galego.
Ademais, estase a forrar de aluminio os baños das praias de Bascuas, Caneliñas, Paxariñas, Major e A Lanzada, que presentaban problemas de oxidación, así como mellorando a accesibilidade das entradas aos módulos de salvamento. Tamén se renovou toda a cartelería dos sendeiros azuis.
O Concello realiza cada ano importantes investimentos na mellora das praias e dos seus contornos co obxectivo de manter a calidade dos servizos e as prestacións destes espazos naturais.