O punto de expedición ubicarase na explanada de Baltar, preto do skatepark, e a cita debe solicitarse na Policía Local.
Sanxenxo, 5 de marzo de 2025. – Sanxenxo recibirá o vindeiro luns 7 de abril a oficina móbil de documentación da Policía Nacional, que permitirá nun único trámite obter tanto o DNI como o pasaporte. O punto de expedición estará situado na explanada de Baltar, preto do skatepark, de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello, a través da área de Seguridade Cidadá e Emerxencias, dirixida por Xoán Pérez, adheriuse o pasado mes de febreiro ao proxecto Vidoc (Vehículos Integrais de Documentación), co obxectivo de facilitar os trámites e as xestións aos veciños e veciñas, evitando que teñan que desprazarse a outro municipio.
Cita previa: As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono da Policía Local (986 72 70 72) para reservar horario. Estímase que poderían programarse ata 25 citas.
Documentación necesaria para a expedición do DNI
📌 Primeira inscrición:
-
Unha fotografía recente (con antigüidade inferior a 2 anos), en cor sobre fondo branco.
-
Partida de nacemento literal na que conste que se expide “aos únicos efectos de obtención do DNI” (validez: 6 meses desde a data de expedición).
-
Volante de empadroamento (validez: 3 meses desde a data de expedición). Para residentes no estranxeiro: certificado consular de residencia (validez: 3 meses desde a data de expedición).
-
Os menores de 14 anos e as persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos proxenitores ou titores legais con DNI en vigor.
📌 Renovación:
-
Unha fotografía recente (con antigüidade inferior a 2 anos), en cor sobre fondo branco.
-
O DNI a renovar.
-
En caso de cambio de datos:
-
Domicilio: volante de empadroamento (recomendado) ou autorización ao funcionario para consultar o Sistema de Verificación de Datos de Residencia. Para residentes no estranxeiro: certificado consular de residencia (validez: 3 meses desde a data de expedición).
-
Datos persoais: partida de nacemento literal (validez: 6 meses desde a data de expedición).
-
-
Os menores de 14 anos e as persoas con discapacidade deben estar acompañados por un dos proxenitores ou titores legais con DNI en vigor.
Taxa: 12 euros (Gratuíto para familias numerosas acreditadas).
Documentación necesaria para a expedición do PASAPORTE
-
DNI en vigor (Se solicita a renovación ou duplicado dun pasaporte vixente, deberá presentar o mesmo).
-
Unha fotografía recente (con antigüidade inferior a 2 anos), en cor sobre fondo branco.
📌 Para menores ou persoas con discapacidade, ademais:
-
Se non ten DNI: partida de nacemento literal na que conste que se expide “aos únicos efectos de obtención do pasaporte” (validez: 6 meses desde a data de expedición).
-
Se ten DNI: deberá acreditar a relación de parentesco ou condición de titor mediante a presentación de calquera documento oficial ao efecto (Libro de Familia, partida de nacemento, etc.).
-
Os proxenitores (ambos) ou titores (todos) con DNI en vigor deben acompañar ao solicitante.
Taxa: 30 euros (Gratuíto para familias numerosas acreditadas).