Concello de Sanxenxo - A SEMANA SANTA 2025 DE SANXENXO DARÁ INICIO CO IV CERTAME DE BANDAS DE CORNETAS E TAMBORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Semana Santa de Sanxenxo dará inicio o próximo sábado 12 de abril co que será o IV Certame de Bandas de Cornetas e Tambores.

Nesta nova edición participarán a Banda Santiago CC.TT (Santiago de Compostela), a Banda de Gaitas e Tambores Vides Novas (Poio) e a Banda da Confraría do Noso Pai Xesús Nazareno & Santo Sepulcro (Sanxenxo).

O Certame cambia de localización e realizarase na Praza Pascual Veiga (diante do concello) ás 17:30 h; desde as 17:10 h, as bandas participantes farán un pasarrúas polas distintas rúas da vila.
A continuación, ás 20:45 h no Templo Pequeno, terá lugar o pregón da Semana Santa 2025, a cargo do Doutor D. Marcelino Agís Villaverde.

A programación continuará o Domingo de Ramos, coa bendición dos ramos no atrio do Novo Templo, seguida da procesión arredor deste e a Santa Misa, ás 12:30 h.
Pola tarde, ás 20:45 h no interior do Novo Templo, será o momento de gozar dun concerto de música sacra.

O Luns Santo volverá ás rúas a procesión de "Xesús atado á Columna", que sairá do Templo Pequeno e percorrerá as rúas históricas de Consistorio, Domingo A. de Ledo, Cruceiro e Carlos Casas, a partir das 20:30 h.

O Mércores Santo, o acto central será a procesión do Santo Encontro, que se realizará sobre as 20:00 h no cruzamento da Avenida de Madrid e o Paseo de Silgar, seguido do Santo Vía Crucis. O percorrido será o seguinte: Avenida do Porto, Praza dos Barcos e Rúa San Isidro, dando así protagonismo, como na procesión do Luns Santo, ás rúas do “centro histórico” da vila.

O Xoves Santo, os actos litúrxicos comezarán ás 20:00 h, seguidos da Procesión do Noso Pai Xesús Nazareno sobre as 20:45 h. Este ano, a novidade será o percorrido, que sairá desde o Novo Templo, pasando pola Rúa Progreso e baixará pola Rúa Cesteiros, para incorporarse á Avda. de Madrid e Paseo de Silgar, finalizando no Templo Pequeno.

O Venres Santo realizarase a Recepción dos Santos Óleos ás 12:00 h, e pola noite, a Solemne Acción Litúrxica reunirá os fieis no interior do Templo ás 20:00 h, para a posterior procesión do Santo Enterro ás 20:45 h, onde os pasos do Santo Sepulcro e a Dolorosa serán os protagonistas, acompañados pola Banda da Confraría do Nazareno e Sto. Sepulcro e pola Banda de Música de Sanxenxo, seguindo o novo percorrido realizado o Xoves Santo.

O Sábado Santo, a programación arrincará ás 21:45 h coa saída da procesión da Nosa Señora da Soidade, desde o Templo Pequeno ata o Novo Templo, pasando pola Rúa da Igrexa, Avda. de Madrid, Rúa Cesteiros e Rúa Progreso, para finalizar no Novo Templo, onde a Solemne Vixilia Pascual comezará ao finalizar a procesión.

Por último, o Domingo, a Misa Solemne de Resurrección celebrarase ás 11:00 h e ás 20:00 h.

 

CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA PARA SEMANA SANTA 2025

0
0
0
s2sdefault