Sanxenxo, 4 de abril de 2025.- Un total de seis empresas do territorio nacional optan á explotación do parque acuático de Baltar. Trátase de Aquamar Cemm, Aquasanxenxo, Compass Yacht, Culturinvest, Land And Sea Marinas And Ports e Newportsunbeach S.L. A proposta de Turismo de Sanxenxo para o parque acuático de Baltar debe contar cunha superficie mínima de 1.200 metros cadrados, é dicir, o dobre de espazo que ata o de agora. O prezo de licitación por un ano é de 10.000 euros, con posibilidade de prórroga ata 2032.
O prego de condicións establece que será unha plataforma acuática hinchable, de material brando, acolchado e antiesvarante, flotante na lámina de auga e fondeada na plataforma mariña. Contará con diversas atraccións, como tobogáns, pontes, colinas, rampas deslizantes, estanques, saltos de lonxitude, saltos de altura, pódiums, pistas deslizantes, trampolíns, táboas deslizantes, curvas deslizantes, rocódromos, balancíns ou camas elásticas, a libre elección e disposición do adxudicatario, quen deberá describilo detalladamente na memoria técnica. Deberá manterse en perfectas condicións de uso e conservación.
Ademais, os licitadores deberán instalar e manter diariamente un campo de vólei praia e un de mini fútbol praia de acceso libre, que darán servizo ao areal.
O terreo da cancha de vólei praia terá 16 x 8 metros de ancho, delimitado por cintas de 5 a 8 centímetros de ancho, de cor contrastada coa area, de material elástico, flexible, resistente e sen bordos cortantes, ancoradas e tensadas en cada esquina cun sistema de fixacións. Estes ancoraxes estarán cravados a unha profundidade mínima de 25 centímetros.
O minicampo de fútbol terá 16 metros de longo por 8 metros de ancho, delimitado por cintas azuis de 8 a 10 centímetros de ancho, tamén de material elástico, flexible, resistente e sen bordos cortantes, fixadas en cada esquina e no medio da liña de banda. Nos postes da portaría empregaranse anillas de goma, e en cada esquina do campo colocarase un banderín vermello de material plástico.
A tempada de praias para a realización de actividades de xogos náuticos e parque acuático flotante establécese do 15 de maio ao 30 de setembro, ambos incluídos. Desde o 15 de maio (ou desde a sinatura do contrato se se realiza con posterioridade), poderanse instalar todos os elementos recollidos no prego, sendo obrigatorio que o parque acuático estea operativo do 1 de xullo ata o 31 de agosto.