Concello de Sanxenxo - A ARTISTA LOCAL BEGOÑA MOURIÑO EXPÓN A SÚA OBRA NO VESTÍBULO DO AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 22 de abril de 2025.- A artista local e alumna do Centro de Arte de Sanxenxo, Begoña Mouriño, expón desde hoxe e ata o vindeiro 12 de maio a súa colección de cadros no vestíbulo do Auditorio Emilia Pardo Bazán. Unha obra marcada por cores vivas e definidas que inclúe flores, animais, unha bailarina ou mesmo unha lata de sardiñas co seu apelido. “Desde pequena gústame pintar porque vía ao meu pai debuxar con carboncillo e iso animoume a facer o mesmo”, asegura. Esta é a súa terceira exposición tras máis dunha década como alumna do Centro de Arte de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault