Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CELEBRA MAÑÁ A SÚA I FEIRA DE MEDIO AMBIENTE TRAS UNHA INTENSA SEMANA DE ACTIVIDADES CON ESCOLARES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O salón de plenos acolleu onte a presentación do libro “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo” de Francisco Peña

Sanxenxo, 6 de xuño de 2025.- O Concello poralle mañá o broche final á programación prevista polo Día Internacional do Medio Ambiente coa I Feira de Medio Ambiente na Praza do Pazo, de 11.00 a 14.00 horas. A cita contará con stands informativos e de sensibilización ambiental con distintas campañas.

A praza tamén acollerá a exposición Cultura Oceánica, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), na que se aborda a importancia do océano no funcionamento do planeta, a diversidade de vida que alberga e a relación dos humanos co mar desde hai milenios.

A feira contará con obradoiros sobre o uso de plantas, cunha mostra de plantas aromáticas e medicinais, elaboración de sacos aromáticos e o estampado de bolsas, así como cun obradoiro de reciclaxe, coa elaboración de hélices de papel, confección dun picapeixe ou dunha planta en papel de xornal.

Ao longo da semana, desde a Concellería de Medio Ambiente realizáronse diversos obradoiros e saídas con actividades de limpeza nos distintos espazos naturais do municipio co alumnado do municipio.

Por outra banda, dentro da programación, o salón de plenos acolleu onte con éxito a presentación do libro “Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo” de Francisco Peña.

0
0
0
s2sdefault