Concello de Sanxenxo - A MEDIA MARATÓN ENTRE RÍAS XEROU UN RETORNO ECONÓMICO DE 763.720 EUROS EN SANXENXO E O GROVE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

En redes e web, a proba acadou case dous millóns de impactos en apenas seis meses

Sanxenxo, 17 de xuño de 2025.– A Media Maratón Entre Rías xerou un impacto económico de 763.720 euros en Sanxenxo e O Grove. Unha cifra que reflicte o crecemento exponencial da proba na súa segunda edición, con máis de 2.500 corredores procedentes de dez países diferentes e 23 provincias españolas.

O retorno económico calcúlase cun gasto medio de 48 euros por día no caso dos deportistas procedentes de Galicia (o 69%) e de 134 euros por día para os que veñen de fóra da comunidade galega. Esta estimación faise contando cun acompañante ou dous por día.

No que respecta á procedencia dos corredores, ademais de España, houbo participantes de Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Arxentina, Marrocos, Bélxica, Andorra e Alemaña. E, dentro do territorio nacional, houbo inscritos das seguintes provincias: A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, León, Zamora, Salamanca, Madrid, Asturias, Santander, Biscaia, Guipúscoa, Áraba, A Rioxa, Barcelona, Zaragoza, Guadalaxara, Illas Baleares, Alacante, Almería, Málaga e As Palmas.

O éxito da proba tamén se reflicte no alcance nas redes sociais, con case dous millóns de impactos en apenas seis meses. As interaccións incrementáronse con respecto á primeira edición nun 578 %, con seguidores de distintos puntos do mundo como Estados Unidos ou Reino Unido, entre outros.
📱 En Instagram acadouse un alcance de 1,3 millóns, en Facebook de 433.690 persoas, en TikTok de 67.700 e na web de 38.230 visitantes.

0
0
0
s2sdefault