Concello de Sanxenxo - O ALCALDE RECIBE AOS 24 NOVOS AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL COS QUE SE REFORZARÁ O CADRO DE PERSOAL ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 2 de xullo de 2025.– O Concello de Sanxenxo reforzará o cadro de persoal da Policía Local con 24 auxiliares este verán. O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez, e do xefe da Policía Local, José Manuel Duarte, recibiu esta mañá no Salón de Plenos aos axentes que desde onte se suman aos 23 policías locais que prestan servizo no municipio durante todo o ano.

Tras darlles a benvida e agradecer que escollesen Sanxenxo como destino, explicoulle que a súa función é fundamental no verán, cando a poboación se multiplica por cinco. “Sodes, en moitos casos, a nosa carta de presentación cos nosos visitantes e veciños en momentos nos que contamos cun importante pico de poboación”, asegurou. Cómpre lembrar que este ano Sanxenxo realizou as probas de selección, teóricas e prácticas, para seleccionar aos seus auxiliares: 50 preguntas tipo test, unha proba de galego e outra de carácter físico. “A seguridade e a limpeza son dous aspectos claves como destino turístico líder do norte de España no verán. Tanto veciños como turistas queren ver o pobo limpo e que sexa seguro”, apuntou.

Entre as súas principais funcións, a regulación do tráfico. Este verán leváronse a cabo dúas importantes modificacións no centro de Sanxenxo que se agarda funcionen como medidas de desconxestión viaria, como son a apertura da nova rúa fronte ao Hotel Terraza e a dobre saída pola Rúa Cesteiros.

0
0
0
s2sdefault