Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL INTENSIFICA O CONTROL DE ESTACIONAMENTOS E ACAMPADAS DE CARAVANAS E AUTOCARAVANAS EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Detectan un ferrolán tentando arrincar unha sinal que prohibía a entrada a vehículos vivenda e campers en Montalvo

Sanxenxo, 7 de xullo de 2025.– Co obxectivo de preservar os espazos naturais e ordenar a actividade turística que xeran as caravanas e autocaravanas no municipio, a Policía Local comezou a intensificar este verán o control sobre este tipo de vehículos. Unha vixilancia que esta fin de semana xa tivo as súas primeiras consecuencias. Unha patrulla detectou o sábado un veciño de Ferrol intentando retirar unha sinal vertical que prohibía o acceso a este tipo de vehículos nunha das explanadas de Montalvo que durante o verán se habilita como estacionamento para turismos. A poucos metros, na coñecida como tixola de Montalvo, apareceu arrincada outra sinal deste tipo.

Desde a Policía Local lémbrase que a modificación ou alteración dunha sinal de tráfico está considerada unha infracción grave que carrexa unha sanción de ata 3.000 euros segundo o artigo 142 do Regulamento Xeral de Circulación. No que respecta á acampada (implica sacar toldos, mesas, cadeiras ou calquera outro elemento que supoña estender a actividade fóra do vehículo), a sanción segundo a Lei de Turismo de Galicia vai de 751 a 3.000 euros. Así mesmo, pídese a colaboración de veciños e visitantes que observen este tipo de comportamentos para que alerten á Policía Local.

Cómpre lembrar que desde o ano pasado, o Concello de Sanxenxo puxo a disposición dos usuarios deste tipo de vehículos unha explanada no parque empresarial de Nantes cun punto para verter as augas negras e outro para recarga de auga. Ademais, o municipio conta con cámpings e un estacionamento privado de autocaravanas que dan servizo a estes vehículos.

0
0
0
s2sdefault