Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUMA ESTE VERÁN UNHA SEGUNDA DUCHA NATURAL NA PRAIA DE PRAGUEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Operarios municipais instalaron a plataforma de aceiro inoxidable no areal onde desemboca o regato Besadoiros.

Sanxenxo, 28 de xullo de 2025.- Aproveitar os recursos naturais sen que iso supoña malgastar auga. Ese é o obxectivo que persegue o Concello de Sanxenxo, a través do seu departamento de Turismo e Praias, dirixido por Juan Deza, coa posta en marcha dunha nova ducha natural habilitada na praia de Pragueira. Un novo servizo que ofrece a praia este verán aproveitando a auga do regato que desemboca no areal.

Operarios municipais habilitaron unha plataforma de aceiro inoxidable, aproveitando a desembocadura en pendente do regato Besadoiros no areal. Unha medida ecoeficiente que está a ter unha grande acollida por parte dos usuarios e que é semellante á instalada xa o ano pasado con éxito na praia de Bascuas.

Cómpre lembrar que, en 2019, Sanxenxo decidiu prescindir das duchas nos areais como unha medida responsable no consumo de auga e cambialas por lavapés cun regulador do chorro. Unha acción que permitiu o aforro de 2,5 millóns de litros de auga.

Non é a única novidade coa que conta este ano a praia de Pragueira, o chiringuito situado na praia innovou este ano o seu mobiliario coa instalación de paraugas caribeños.

0
0
0
s2sdefault