Concello de Sanxenxo - OS SOCORRISTAS DE SANXENXO REALIZARON UN TOTAL DE 7.205 INTERVENCIÓNS NAS PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 7 de agosto de 2025.- Os socorristas de Sanxenxo realizaron un total de 7.205 intervencións nas praias durante o pasado mes de xullo. Máis do 71 % das intervencións fixéronse na area, mentres que o resto foron no mar.

Os avisos a bañistas en situacións de perigo (1.098) e os avisos por incumprimento da ordenanza de praias (1.097) concentran 2.195 casos no balance global. As picaduras de faneca, típicas nesta época, descenderon respecto a anos anteriores. Rexistráronse 280 casos nas praias de Silgar, Canelas, Panadeira, Area de Agra, Baltar, Caneliñas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos e Espiñeira-A Lanzada.

Os socorristas tamén axudaron a localizar 10 persoas desaparecidas nos areais durante o mes de xullo e recibiron nas súas bases a 1.097 persoas con contusións, 19 con danos en ollos e oídos, 56 por picaduras de insectos e 608 con feridas.

No mar, realizáronse 1.072 avisos por artefactos flotantes, 365 avisos por saltos desde lugares elevados, 203 avisos a bañistas fóra da zona de baño e 98 elementos perigosos para a navegación. Afortunadamente, non se rexistrou ningunha incidencia de gravidade nin en terra nin no mar, pero realizáronse 45 rescates acuáticos. En canto ao número de incidencias por praias, Silgar concentra 1.029 intervencións, seguida de Espiñeiro-A Lanzada (807), Montalvo (490), Major (494), Foxos (383) e Areas (353). Pola contra, en A Lapa só se rexistraron 3 intervencións e en Nosa Señora outras 3 durante todo o mes.

O horario do servizo de socorrismo nos 17 areais con bandeira azul é de 12:00 a 20:00 horas. A praia de Silgar, debido á súa afluencia de público durante o verán, conta cun horario máis amplo, desde as 11:30 ata as 20:30 horas.

0
0
0
s2sdefault